domingo, 23 de diciembre de 2007


o embalse de Belesar deixou que a auga estancada nos seus muros de formigón correse terras abaixo seguindo o cauce do río, eso si, agora o caudal era moito maior ca antes. Tanto foi así que anegou o pobo, destruino...a ponte, as casas, os molinos...os recordos...arrastrounos a corrente. Salvouse a igrexa que foi trasladada pedra a pedra dende a súa ubicación orixinal ata o monte Cristo...todo para que 45 anos máis tarde a sequía se instaurese en Galicia...

o lodo das beiras comeza a se estriar e só o orballo é capaz de formar pingueiras de auga nas follas das prantas que xa empezan a medrar onde un día pasou o río...ese mesmo lugar por onde hai aínda máis tempo non pasaba ese río...




...embalses...merda por doquier...sequía... ese é o actual ciclo da auga

No hay comentarios: